Os produtos galegos do mar, na feira italiana 'Mediterranean Seafood'

A Consellería do Mar está a participar estes días na feira italiana 'Mediterranean Seafood', que se celebra na cidade de Rimini ata o vindeiro mércores, co obxectivo de promocionar os produtos galegos do mar.

A consellería participa neste evento cunha caseta de 192 metros cadrados, no que se promocionan os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego no mercado italiano. Ademais, tamén se pretende potenciar a imaxe internacional do sector marítimo da comunidade.

O espazo da Xunta de Galicia contará con coexpositores de 10 empresas diferentes, relacionadas co mundo do mar. Así mesmo, a 'Mediterranean Seafood' xa mostrou o seu interese en varios sectores galegos, como o da acuicultura, tanto marítica como terrestre.

Comentarios