Lacón

O lacón é un dos produtos cárnicos do porco. Procede das extremidades dianteiras do animal, que son sometidas a un proceso de elaboración similar ao que se aplica ao xamón curado pero algo máis curto, concretamente duns 35 días de duración, que consta das seguintes etapas: salgadura da peza, lavado para eliminar os restos de sal, asentado e secado ou madurado.

Ingredientes

  • Un lacón enteiro.
  • Unha zanahoria.
  • 50 gramos de trufas.
  • Carne picada.
  • Dous ovos.


Elaboración
Quitámoslle o óso ao lacón e pómolo a desalar durante 48 horas. Unha vez desalado, estirámolo ben e mesturamos a carne picada, o ovo, a zanahoria crúa cortada en tiras e as trufas. Enchemos o lacón, enrolamos e apertamos con papel película. Cocemos durante tres horas aproximadamente. Unha vez cocido, pómoslle un peso encima. Xa prensado, métese na neveira para poder cortalo despois sen problemas.

Comentarios