Liberadas dúas persoas atrapadas nun turismo envorcado en Cortegada

O accidente produciuse na OU-801

Un turismo saíuse da vía na OU-801 ao paso polo concello ourensán de Cortegada, segundo informou o 112. A situación na que quedou o vehículo impediu aos dous ocupantes saír, polo que tiveron que intervir os membros do GES de Ribadavia.

Unha vez fose do turismo, piloto e copiloto foron trasladados ao centro médico de referencia nunha ambulancia de Urxencias Médicas. Unha das persoas afectadas ten, ademais, mobilidade reducida.

Foi un particular quen deu a voz de alarma ás 13.20 horas deste luns e o 112 Galicia avisou á Garda Civil de Tráfico e ao equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ademais dos técnicos do GES e sanitarios.

Comentarios