Liberadas unha nai e o seu bebé tras envorcar co seu coche en Castro Caldelas

Pola súa banda, unha nena resultou ferida en tras chocar dous vehículos

Os servizos de urxencias liberaron a unha nai e ao seu bebé tras envorcar o vehículo en que viaxaban no municipio ourensán de Castro Caldelas, informa o 112.

O suceso produciuse ás 6.50 horas deste xoves, cando varios membros do Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) da localidade axudaron aos dous ocupantes do turismo a evacualo, antes de ser trasladados a un centro hospitalario.

Así mesmo, ás 22.30 horas do mércores outra nena resultou ferida en Ferrol, na glorieta do Goial, en sentido cara á Gándara, como consecuencia dunha colisión entre dous turismos.

Comentarios