LII Festa do Viño do Condado

A LII edición da Festa do Viño do Condado levará a cabo durante os días 26, 27 e 28 de agosto.

Así, o venres 26, dará comezo, a partir das 20.00 horas, unha mostra de viños da denominación de Orixe Rías Baixas da subzona do Condado así como tamén, unha mostra filatélica con selo e matasello especial.

Durante a medianoite, o grupo Leilia ofrecerá o seu concerto.

Xa para o sábado 27, ás 10.00 horas, terá lugar a cata de viños para buscar os mellores caldos do ano. A continuación, levará a cabo unha travesía a nado ata Portugal, así como tamén, o Descenso de Tarecos polo río. Pola noite, ás 23.00 horas, actuarán os grupos Girls Boy Swing e Be Metals.

Para rematar, o domingo 28 levará a cabo o nomeamento dos confrades de a Confraría do Viño Condado do Tea e a entrega dos premios aos viños Deliciosos do ano. Seguidamente, ás 12:00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo de Antón Alonso Fontán e a apertura das casetas para a degustación dos viños da comarca.

E ás 22.30 horas o grupo Noitarega ofrecerá a súa actuación aos asistentes.

Comentarios