Lixeiro alivio das temperaturas para este mércores

Unha masa de aire frío en altura traerá unha lixeira inestabilización atmosférica a Galicia

Una piscina de Oira, abarrotada este martes. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Unha piscina de Oira, abarrotada este martes. BRAIS LORENZO (EFE)

Para o mércores espérase o achegamento de aire frío en altura o que traerá unha lixeira inestabilización atmosférica a Galicia.

Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados pola mañá, con néboas illadas en zonas de interior e algunhas nubes no extremo norte; pola tarde crecerán nubes de evolución, sobre todo no sur e sueste de Galicia, que incluso poderán dar lugar a chuvascos tormentosos illados.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán no terzo norte, do nordeste, moderados na costa e frouxos no interior; no resto serán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas en Rías Baixas.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 18°/25°, Ferrol 18°/28°, Lugo 16°/30°, Ourense 17°/36°, Pontevedra 17°/31°, Santiago de Compostela 18°/31° e Vigo 20°/30°. 

Comentarios