A marca galega de viños sen alcol multiplica a súa produción por 20 nun ano

A empresa "Raisin D´Or" sacou ao mercado o seu primeiro viño sen alcol en xuño de 2009 con 50.000 botellas dun tinto obtido a partir de uvas da Rioxa e A Mancha e entrou así no moi reducido mundo dos viños sen alcol que en España conta con só dous ou tres empresas elaboradoras.

Tras un ano de actividade, en xuño de 2010 a empresa conta coa nova marca "Élivo" para viños brancos e tintos sen alcol, brancos e tintos cun 0,4 por cento de alcol e produce un millón de botellas que comercializará a empresa "EnerDrinks" coñecida como distribuidora de bebidas enerxéticas. Da produción total, a cuarta parte está destinada aos Emiratos Árabes.

Tamén viños sen alcol de uvas galegas

Nun comunicado, a empresa nacida en Ourense explicou a GG que dúas das súas marcas xa se elaboran a partir de uvas galegas, como as brancas "albariño" de Rías Baixas e da Rioxa, no caso do "Viña Sacra branco".

A outra marca de uvas galegas é "Viña Sacra tinto madeira de carballo" no que se utilizan uvas "tempranillo" e "mencía" da Ribeira Sacra e "tempranillo" e "garnacha" da Rioxa.

Sétima bebida nun ano

En maio de 2010 foi presentada a sétima marca de bebida de Élivo "" no marco da Semana Verde de Silleda e trátase dun viño "branco de verán" con viño parcialmente desalcoholizado -ten un 0,4 por cento de alcol-, con aroma a lima.

Elaboración

Os viños sen alcol de Élivo "" ou "Raisin D´Or" obtéñense de viños xa elaborados tras sometelos a un proceso en dúas fases nas que primeiro se fai un viño do modo tradicional e logo se desalcholiza por un proceso físico pouco agresivo.

No proceso, segundo o comunicado da empresa, o viño non se somete a tensión por temperatura xa que se mantén sempre a uns inferiores a 36 graos centígrados.

Logo recupéranse os aromas do viño e se reintroducen no produto xa desalcoholizado, polo que ao final mantén todas as características do viño de orixe pero sen o seu alcol.

Comentarios