O mar, protagonista da I Mostra Gastronómica de Pontevedra

mostragastro_grove_dentro.jpg
photo_camera mostragastro_grove_dentro.jpg

A primeira edición da Mostra Gastronómica de Pontevedra no Grove, que se celebrará do 1 ao 8 de novembro neste municipio, ofrecerá aos visitantes un menú degustación cos mellores pratos e produtos da localidade, do que poderán gozar en distintos establecementos de hostalería do Grove.

Os produtos do mar serán os protagonistas neste evento que pretende dar a coñecer a calidade da hostalería pontevedresa e a súa cociña innovadora.

Programa Inside
Organizada pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS), esta primeira edición da mostra gastronómica tamén organizará un programa de visitas de xornalistas portugueses, que ademais de asistir á feira coñecerán lugares con encanto no municipio pontevedrés para que, posteriormente, sexan publicados en revistas especializadas en turismo.

O evento gastronómico finalizará coa celebración dunha Gala de Hostalería da Federación como punto de encontro entre profesionais do sector, asociados, distribuidores e invitados de honra para intercambiar experiencias.

Durante a gala tamén se homenaxeará aos profesionais do sector polos seus méritos, contribución e os seus esforzos no incremento da actividade empresarial.

Comentarios