''Os viños de Ribeira Sacra son equilibrados, agradables e fáciles de beber''

A sala de catas do Centro de viño de Ribeira Sacra acollía hoxe a cata dos viños de Ribeira Sacra para seleccionar aos que pasarán á cata final para obter os Distinguidos Gallaecia.

O panel de cata estivo formado por:
Xurxo Rivas, Presidente da Asociación Gallaecia-Taberna O Secreto
Pepe Beiro, Vinoteca O Beiro
Luís Castelo, Catador
José Ramón Montilla, Taberna Galopín
Ángel  Martínez, Restaurante España
Alberto Román, Restaurante O Cabás
Daniel Romay, Taberna de Daniel
Mercedes González, Catador
Natalia Cid, Bodeguilla do Horto
María Xineiro, Enóloga
Ángel Lamas, distribuidor de viños
Francisco Diéguez, Restaurante Viveiro
David Ballesteros, Enólogo

A cata, que contou coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, presentáronse 84 mostras, 15 de brancos e 69 de tintos.

Esta cata servirá para facer unha selección de viños que pasarán á cata final que previsiblemente se celebrará en Ourense  na primeira semana de setembro. Despues desa cata final coñeceranse os ''Distinguidos Gallaecia'' e será a mediados deste mes cando se coñeza que viños das diferentes Denominacións Galegas acceden a esa cata final.

Os catadores destacaban hoxe a boa calidade dos tintos, aseguraba o  Presidente de Gallaecia, Xurxo Rivas, que teñen un bo nivel xeral que non atoparon noutras Denominacións. Apuntaba tamén ''son viños equilibrados, agradables e fáciles de beber, calidades que lles dan un excelente potencial no mercado''.

Comentarios