Despois do paso da fronte fría tan activo na xornada do martes, para o mércores espérase unha situación de intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes e intensos a primeiras horas, cando poden vir acompañados de tormenta e saraiba, e máis ocasionais e illados cara á tarde.
A cota de neve estará sobre os 1000-1200 metros. Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes pola mañá no litoral.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Estas son as mínimas e máximas previstas nas principais cidades: A Coruña 11°/13°; Ferrol 10°/13°; Lugo 6°/11°; Ourense 9°/12°; Pontevedra 11°/ 12°; Santiago 8°/11°; Vigo 11º/14º.