Mar 'faino bonito'

Presentación, a bordo del barco museo 'Virgen del Carmen' (Foto: EPL / JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera Presentación, a bordo del barco museo 'Virgen del Carmen' (Foto: EPL / JOSÉ Mª ÁLVEZ)

O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, presentou este luns no porto lucense de Burela a campaña de promoción e etiquetaxe "Aquí facémolo bonito".

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer ao consumidor o bonito do norte fresco, coas máximas garantías, sinala un comunicado da Xunta.

Maneiro resaltou na presentación que, para garantir a orixe artesanal desta pesqueira achegáronse aos portos de descarga uns precintos de garantía que achegan valor engadido ao produto.

O secretario xeral destacou que a consellería "aposta firmemente pola promoción e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura como un dos eixos no que se sustenta o benestar da xente do mar", segundo a Xunta.

A Consellería do Mar repartirá, con este obxectivo, 200.000 etiquetas, 1.600 carteis e máis de 67.000 trípticos nos portos da Coruña, Burela, Celeiro e Vigo, así como nas empresas adheridas á campaña.

A etiqueta garante que o método de captura é respectuoso co medio ambiente e que se realiza cunha pesca selectiva, un a un, sen afectar o resto das especies.

Comentarios