Marmitako

Ingredientes

  • 800 gr. de lombo de atún.
  • 400 gr. de pataca cocida.
  • Cabeza de allo asada.
  • Manteiga.
  • Ceboliño.
  • Sal, pementa e pirixel.
  • 300 gramos de tomate pelado despolpado e asado.
  • Viño branco.
  • Vinagre de viño.
  • Aceite de oliva virxe.
  • Caldo de peixe.

Elaboración

Cocer a pataca e asar a cabeza de allo enteira no forno con aceite e sal; estará no seu punto cando consigamos premer un dente e que saia del unha pasta densa de carne de allo. Mesturaremos as patacas aínda mornas coa manteiga, a pasta de allo e as herbas picadas, e faremos un puré. Por outro lado, hai que xuntar os tomates co escabeche e levalos a ferver. Este paso convén facelo días antes, xa que os escabechados asentan sabores coa curación.

Para rematar o prato, marcamos na plancha ou na tixola os lombos do atún, que é convinte que sexan gordos, para non pasalos de cocción, e que leven un par de horas fóra da neveira. Empratar ó gusto e regar todo cunhas gotas de aceite virxe.

Comentarios