Martes de choivas persistentes e neve

Este martes unha fronte activa pasará sobre Galicia durante as primeiras horas do día, polo que achegará inestabilidade e arrastrará aire frío procedente do Atlántico norte. Así, o ceo estará cuberto, con choiva persistente ao principio do día, máis intermitente o resto da xornada. Mentres, a cota de neve situarase nos 1.100-1.200 metros. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do noroeste, forte no litoral e zonas altas e con menor intensidade noutros puntos do interior. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 13 graos na Coruña, Vigo e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata os catro graos en Lugo. 

Comentarios