Martes de transición: últimas horas antes de que regrese o inverno


 

Tiempo
photo_camera Tiempo

Galicia vivirá este martes unha xornada de transición na que o anticiclón se irá retirando progresivamente cara ao Atlántico, achegándose baixas presións desde as Illas Británicas. Así, o ceo estará parcialmente nubrado no norte, con choivas débiles e dispersas durante o día, mentres que permanecerá máis despexado no sur. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte, moderado no litoral e máis frouxo no interior.  Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un descenso, algo máis marcado nos valores diúrnos. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 20 graos en Ourense e Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os dous graos en Lugo. 

Na Coruña os termómetros oscilarán entre os 9 graos de mínima e os 13° de máxima; en Lugo entre os  2° e os 15°; en Ourense entre os 5° e os 20°; en Pontevedra entre os 6° e os 19° e  en Vigo entre os 6° e os 20°. 

O MIÉRCOLES VOLVE O INVERNO. Unha masa de aire frío do Ártico, que chega desde Groenlandia, provocará a partir deste mércores un tempo propio do inverno, con temperaturas ata 10 graos centígrados máis baixas do normal, xeadas en boa parte da metade norte, nevadas copiosas e choivas xeneralizadas, é dicir un tempo máis habitual dos meses de xaneiro ou febreiro, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. O portavoz da Aemet, Rubén del Campo, non recorda un episodio de choivas xeneralizadas que afectase o conxunto de España, incluído Canarias, polo menos desde o mes de novembro. "Hai que retrotraerse ao outono", apuntou.

Comentarios