Medio Rural destina aos produtos con denominación de orixe 808.000 euros

Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural (Foto: AGN)
photo_camera Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural (Foto: AGN)

A Consellería do medio Rural da Xunta acordou a concesión de axudas destinadas aos 16 consellos reguladores das denominacións de calidade agroalimentaria recoñecidas en Galicia, co obxectivo de promocionar os produtos amparados polas indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe.

A contía e repartición desta achega económica de 808.000 euros foi aprobada polo Consello da Xunta.

O pago destas axudas realizarase en dúas fases, correspondentes ao 20% e 80% do imporche. As achegas serán abonadas no momento no que os beneficiarios xustifiquen os libramientos anteriores.

Medio Rural entende que a defensa e a promoción daqueles produtos agroalimentarios con características diferenciadoras pola súa orixe xeográfica e calidade resulta positiva para o desenvolvemento rural e especialmente para as zonas menos favorecidas, ao contribuír a asegurar a renda dos agricultores e gandeiros, así como á fixación da poboación rural nesas zonas.

Distribución das axudas:
C.R.D.O. RIBEIRO, 55.000 Euros
C.R.D.O. VALDEORRAS, 55.000 Euros
C.R.D.O. RÍAS BAIXAS, 55.000 Euros
C.R.D.O. MONTERREI, 55.000 Euros
C.R.D.O. RIBEIRA SACRA., 55.000 Euros
C.R. dos D.X. das augardentes e licores tradicionais, 55.000 Euros
C.R.I.X.P.TERNERA GALEGA, 55.000 Euros
C.R.I.X.P. LACÓN GALEGO, 55.000 Euros
C.R.I.X.P. PATACA DE GALICIA, 55.000 Euros
C.R.I.X.P. MEL DE GALICIA, 55.000 Euros
C.R.I.X.P. PAN DE CEA, 28.000 Euros
C.R.D.O.P. QUEIXO TETO, 55.000 Euros
C.R.D.O. ARZÚA-ULLOA, 55.000 Euros
C.R.D.O. QUEIXO CEBREIRO, 25.000 Euros
C.R.D.O. QUEIXO SAN SIMÓN DA COSTA, 40.000 Euros
C.R. AGRICULTURA ECOLOXICA DE GALICIA, 55.000 Euros

Comentarios