Pescada

Ingredientes

  • Unha pescada de Pescanova en toros.
  • Dous pementos vermellos.
  • Un pemento verde.
  • Unha cebola mediana.
  • Un dente de allo.
  • O zume de medio limón.
  • Aceite.
  • Loureiro, pementa verde e sal.

Elaboración

Dourar a cebola moi picada e os allos nunha tixola cun chorrito de aceite de oliva. A continuación, engadir os pementos cortados en tiras e deixar cociñar durante uns 30 minutos. Sazonar as hortalizas cun pouco de sal, pementa e loureiro. Reservar. 

Por outra banda, nunha fonte de forno colócase a pescada xa salgada cun chorro de aceite, rocíase co zume de limón e lévase ao forno a unha temperatura media durante dez minutos. Pasado ese tempo incorpóranse os pementos, a cebola e o allo e déixase cociñar durante uns cinco minutos máis.

A forma ideal de servir este prato é levándoo á mesa acompañando a pescada cunha guarnición de patacas cocidas.

Comentarios