Morre Carmen Aurora Rodríguez, unha das 'avoas' de Galicia

Os familiares apuntan á Fonte do Quenlle como unha das posibles explicacións á lonxevidade

A veciña máis lonxeva de Abegondo faleceu este venres aos 107 anos, segundo informou o Consistorio. Carmen Aurora Rodríguez, natural da parroquia de Leiro, cumpriría 108 anos o próximo 13 de outubro.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, transmitiu o seu pesar pola morte da muller, que vivía na zona de San Marcos xunto a un fillo e a súa nora. O seu marido, falecido en 2009, constituíu outro caso de lonxevidade ao morrer aos 106 anos.

Nas visitas habituais do concello aos centenarios o día do seu aniversario, "os familiares apuntaban á antiga Fonte do Quenlle como unha das posibles explicacións a esta lonxevidade, pois era de onde bebían ambos", explica o Consistorio sobre este matrimonio.

Comentarios