Non hai tinto malo

Viñedos en Monterrei (Foto: D.O. Monterrei)
photo_camera Viñedos en Monterrei (Foto: D.O. Monterrei)

Ata o próximo 2 de setembro estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na xornada técnica sobre 'Factores influentes na elaboración de viños tintos de calidade', que terá lugar o día 3 de setembro no salón de actos da Casa de Cultura de Verín (Ourense), organizada pola Consellería do Medio Rural coa colaboración da EVEGA (Estación Vitivinícola de Galicia) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Os destinatarios da xornada son tanto viticultores como adegueiros, enólogos, técnicos, estudantes do sector, persoal de empresas do consello regulador ou persoal da propia Consellería do Medio Rural.

A xornada terá unha duración de 10 horas e segundo o programa previsto tratará cuestións como a regularización de rendementos de produción, as características agronómicas das variedades tintas de Monterrei, a influencia de diferentes factores culturais na calidade das uvas tempranillo e mencía cultivadas en Castela León ou o control de maduración por cata de uvas, entre outros moitos temas.

Comentarios