Unha nova fronte atravesará Galicia o venres de oeste a leste e está previsto que deixe choivas intensas e xeneralizadas a partir do mediodía, segundo a predición de Meteogalicia.
As temperaturas non terán cambios significativos, cun lixeiro ascenso das máximas.
Os ventos soprarán do suroeste, moderados, con intervalos fortes pola tarde.
Temperaturas mínimas e máximas previstas para o venres en Galicia:
A Coruña 14° 19°; Ferrol 14° 18°; Lugo 11° 16°; Ourense 12° 19°; Pontevedra 14° 16°; Santiago 12° 14°;
Vigo 13° 16°.