Unha nova fronte deixará choivas o luns en Galicia

As temperaturas sufrirán un moderado descenso
 

Galicia irá perdendo mañá luns aos poucos a influencia anticiclónica pola chegada dunha nova fronte, que provocará a presenza de nubes e choivas na franxa atlántica pola tarde, que serán xeneralizadas pola noite, segundo a predición de Meteogalicia.

As temperaturas sufrirán un moderado descenso.  O vento soprará do suroeste, virando a noroeste co paso da fronte, e será forte no litoral norte. 

Temperaturas. METEOGALICIA

Comentarios