Nubes e claros este sábado, con orballos pola mañá na franxa atlántica

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso

Mapa del tiempo de Galicia. EP
photo_camera Mapa do tempo de Galicia. EP

O sábado Galicia continuará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con réxime de ventos do suroeste.

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros na metade este e máis nubes no oeste, con orballos durante a mañá na franxa atlántica.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará frouxo do suroeste, sendo máis intenso entre Bares e Fisterra.

Comentarios