Otazu crianza

vinOtazuo.JPG
photo_camera vinOtazuo.JPG

Zona: DO Navarra. Colleita: 2006. Maridaxe: Albóndigas de cordeiro en risotto de cogomelos. Graos: 14% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 15-17º

Entre o Atlántico e o Mediterráneo, Pireneos e Ebro, atópanse as cinco subzonas que compoñen a Denominación de Orixe Navarra. Está claro que a súa situación, así como a gran superficie que ocupa e as diferenzas, tanto topográficas como climáticas, dan unha personalidade propia ás súas uvas e viños. Unha mostra clara é o caldo de hoxe, o Otazu Crianza 2006, un tinto moderno, de nova tendencia, que conta cun curioso 'coupage' no que harmonizan tempranillo, merlot e cabernet sauvignon case a partes iguais, integrando uvas autóctonas con variedades foráneas ben adaptadas en procura dunha nova expresión. Moi coidado na elaboración, desde a vendima á temperatura, seleccionada por separado, de cada unha das variedades e parcelas.

Cata
Presenta unha cor granate de capa media/alta, ribete evolucionado a tons alaranxados, limpo e brillante. En nariz é froita vermella madura, moi especiado de principio.

Comentarios