Parvus Syrah 2009, ecolóxico de Alella

VinoParvus(24_2011) Parvus Syrah 2009.JPG
photo_camera VinoParvus(24_2011) Parvus Syrah 2009.JPG

Zona: D.O. Alella. Colleita: 2009. Maridaxe: Pavo á grella con salsa de limón e salvia. Graos: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º

Pasei uns días en Barcelona e tróuxenme a maleta chea cunha variada selección de viños que iremos degustando. Hoxe propoño un caldo do D.O. Alella, que está situada na comarca do Maresme. Alí, a vide cultívase sobre un chan arenoso de natureza granítica e cor branca, de permeabilidade alta e gran capacidade de retención da radiación solar. Coñécese como ‘sauló'. Se a estes elementos diferenciadores engadímoslle o de cultivar a viña de xeito ecolóxico, obteremos un viño cun marcado carácter, como sucede con Parvus Syrah 2009, un Syrah de Alella ecolóxico e con 13 meses de barrica. Preparen os seus sentidos...

Cata

Presenta unha cor picota moi intensa con escintileos violáceos e boa bágoa. Nariz intenso e franco, con aromas de cereixa e regaliz que se ensamblan con recordos balsámicos sobre toques tostados. En boca preséntase fresco e novamente balsámico. Aquí aprécianse mellor os afumados e tostados da barrica. Postgusto longo e agradable.

Comentarios