Paz Nogueira, un restaurante con historia

Paz Nogueira é un restaurante que leva coas súas portas abertas ao cliente desde 1840, nada menos. Máis de século e medio atendendo ao público que lle serviu para coller unha experiencia e fama da que poucos poden presumir.

Actualmente, Eduardo Paz Santasmarinas atende xunto á súa muller, Maricarmen Fernández León este prestixioso negocio. Eduardo, é xa a cuarta xeración da súa familia que se ocupa de manter o listón no alto, onde o colocaron os seus antepasados.

é o propio dono quen nos conta amablemente a historia do seu restaurante, tan dilatada como atípica. A Paz Nogueira, segue sustentándose nos  cimentos dos seus inicios. De feito, a pedra e as bigas do edificio seguen sendo os orixinais, pero as actividades e a historia que se contén naquelas acolledoras salas cambiou moito.

Nos seus inicios, a Paz Nogueira facía as funcións do típico ''ultramarinos'' familiar para abastecer aos veciños do barrio. Alí vendíanse desde produtos alimenticios ata os obxectos de uso máis cotián. Tamén fixo as funcións de carpintería e incluso albergou corridas de touros. Así é como Paz Nogueira foise labrando un nome dividido en múltiples etapas que puideron ser moi diferentes entre si, pero todas elas ligadas crean unha historia moi particular que continúa, hoxe en día, como negocio de hostalería, unha etapa máis que, como todas as anteriores, mantén á Paz Nogueira no candelero. De feito, Eduardo coméntanos que a Paz Nogueira foi un dos primeiros restaurantes que organizou vodas en Santiago e ao principio era a actividade en exclusiva do negocio, pero logo chegou a invasión de hoteis, casas rurais... Debido á maior competencia, ampliouse o abanico de servizos incluíndo a especialización na carta, iso se, sen deixar ao lado o servizo das vodas.

Ao entrar no local apréciase a harmonía que transmite, combinando a tradición do restaurante ''de toda a vida''que lle fan setirse a un cómodo e nun ambiente familiar, coa funcionalidade e a modernidade necesarias para que o cliente senta relaxado e non bote nada en falta.

Eduardo móstranos as amplas instalacións do seu negocio, que inclúen tres grandes salóns para vodas e dúas máis para cartas, que á súa vez inclúen dous reservados con capacidade para 18 e 12 persoas. Ademais de posuír servizos de aparcadoiro e cafetería. E por se todo isto fose pouco, tamén conta cunha vasta terraza cuberta, ideal para gozar dun bo banquete ou dos deliciosos aperitivos cando a meteoroloxía acompañe.

Nun dos cómodos e acolledores salóns do restaurante, comprobamos coas fotografías expostas na parede, a multitude de rostros reconocibles que visitaron o local. Desde o ex-presidente do goberno Jose María Aznar, ata a cantante Soraya, pasando por alguén que honre o pasado taurino da casa, como ''Jesulín de Ubrique'', ou rostros da elite deportiva como os futbolistas do Real Madrid Raúl, Michel ou Paco Buyo.

En canto ao menú, o mellor xuíz é o propio padal de cada un. Paz Nogueira caracterízase pola ampla gama e a calidade dos seus pratos, entre os que destacan os peixes.

O peixe Sanmartiño é un peixe de roca característico da casa. Nos menús para vodas podemos atopar tamén todo tipos de mariscos, rape á mariñeira ou o lubrigante ao forno, preparado con aceite de oliva, sal, pementa e limón. Un prato elaborado con sinxeleza, pero á vez con dedicación e por suposto, cos produtos de maior calidade.

A extensa carta de viños, inclúe unha oferta variada de Denominacións de orixe galegos e nacionais, que se vai actualizando, como o propio Eduardo recoñece, segundo as peticións que realizan os clientes.

Para todo aquel que estea interesado en gozar dos mellores pratos e do mellor ambiente, cun motivo ou sen el, con voda ou sen ela, pode deixarse caer pola Rúa Castiñeiriño 14 e 16 de Santiago de Compostela (xunto ao Corte Inglés) e verificar as excelencias da casa.

Restaurante Paz Nogueira

Teléfono 981 59 20 16 - 981 59 14 36

Comentarios