Pistoletazo de saída para a vendima en Monterrei

Cepas en Monterrei (Foto: D.O. Monterrei)
photo_camera Cepas en Monterrei (Foto: D.O. Monterrei)

A vendima arrinca oficialmente hoxe martes, 16 de setembro, na Denominación de Orixe Monterrei. Segundo informou o Consello Regulador desta zona de produción, Adegas Triay será a encargada de comezar a recoller a uva.

Esta é unha adega de 'Colleiteiro' (con capacidade de menos de 60.000 litros) e empezará vendimando a variedade  Godello, segundo os responsables da D.O.

Máis de 600 viticultores
Na actualidade a Denominación de Orixe Monterrei esta formada por 23 adegas e 628 viticultores. A superficie dedicada a viñedo é superior a 3.000 hectáreas, das que se atopan amparadas 720. O pasado ano etiquetáronse 720.000 botellas, o que supuxo un incremento do 24% con respecto a 2006.

Comentarios