A Deputación de Pontevedra instrúe a hostaleiros da provincia para aumentar a calidade

cuarta fase plan de calidad_faldon.jpg
photo_camera cuarta fase plan de calidad_faldon.jpg

O día 17 de febreiro tivo lugar na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo unha xornada de formación en calidade dirixida por Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra e destinada ás empresas que se adheriron ao Plan de Calidade que o organismo leva a cabo desde o ano 2005.

A xornada impartiuse en dúas quendas, de mañá e tarde, e nela tomaron parte participantes de diversas índoles, como museos e centros de interese turístico visitables, oficinas de turismo, cámpings, portos deportivos, empresas de actividades deportivas e de lecer, praias, axencias de viaxes, taxis, espazos naturais, hoteis e apartamentos turísticos, casas de turismo rural, restaurantes e outros servizos turísticos da provincia de Pontevedra.

Entre os temas que se trataron ao longo do día destacaron a formación no seguimento dos recursos materiais para o que se analizaron diferentes aspectos como a realización de inventarios periódicos, o control do consumo de material, a realización de previsións de necesidades, stock mínimo, os procedementos de recepción de pedidos entre outros moitos temas.

Pero outro dos aspectos importantes que se trataron foi o trato e contacto con provedores, asesorando ás empresas participantes sobre a documentación a levar a cabo ou os procedementos a seguir en caso de incumprimento.

Unha iniciativa innovadora
Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra é pioneiro a nivel nacional en implantar o SICTED no ámbito provincial. O organismo turístico da Deputación está a levar a cabo na actualidade a cuarta fase do Plan de Calidade que, como asegurou José Manuel Figueroa, Vicepresidente da Deputación e Presidente de Turismo Rías Baixas, consiste en''involucrar aos axentes turísticos da provincia, tanto públicos como privados, no proxecto de mellora continua da calidade.'' Deste xeito, segundo o propio Figueroa, a provincia de Pontevedras pelexará de xeito conxunto cos principais destinos turísticos de España.

Comentarios