lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

A primavera anticípase: sol e máximas que rozan os 20 graos

Previsión para este venres. METEOGALICIA
Previsión para este venres. METEOGALICIA
Galicia quedará baixo a influencia das altas presións situadas entre Azores e Francia

O venres Galicia quedará baixo a influencia das altas presións situadas entre Azores e Francia. Deste xeito, os ceos estarán despexados en xeral, con nubes de estancamento no norte da provincia de Lugo e néboas matinais.

As temperaturas estarán en lixeiro ascenso, máis acusado nas máximas. O vento soprará frouxo do nordés.

Estas son as temperaturas previstas nas principais cidades:

A Coruña 7°/18°; Ferrol 5°/19°; Lugo 2°/18°; Ourense 4°/20°; Pontevedra 7°/20°; Santiago 5°/18°; Vigo 7°/20°

A primavera anticípase: sol e máximas que rozan os 20 graos
Comentarios