Primeira guía enoturística para móbiles de España

A empresa galega Loroestudio, en colaboración coa fundación Fundetec e Telefónica, desenvolveu unha aplicación pioneira no panorama vitivinícola español, que permitirá que calquera usuario de teléfono móbil poida descargarse no seu terminal unha completa guía enoturística sobre a Ruta do Viño Somontano, con información práctica sobre que adegas visitar, que ver, onde aloxarse, onde comer...

A Guía Enoturística de Somontano preséntase como unha nova ferramenta de promoción turística, e está dispoñible en castelán e inglés.

O seu obxectivo é captar a atención do amante do bo viño e as novas tecnoloxías, que terá nesta Ruta do Viño un destino ideal para practicar enoturismo en estado puro. Polo momento, xa espertou o interese doutras denominacións de orixe.

Comentarios