Quinta edición da 'Festa da Feixoada' en San Vicente de Oitavén

A 5ª edición da "Festa dá Feixoada" terá lugar na parroquia de San Vicente de Oitavén (Concello de Fornelos de Montes) o domingo día 14 de Xuño a partir das 12 horas. Serviranse unhas 1500 racións de feixoada (carioquinha ou preta, dependendo do tipo de faba utilizado), ademais de caipirinhas e caipiroskas. Haberá espaguetti con carne como menú infantil.

Feixoada (ou Feijoada, como é coñecida en Brasil) é un dos pratos típicos da cociña brasileira (considerado prato nacional). O seu ingrediente básicos son os feijaos (frijoles) que poden ser negros ou vermellos segundo a zona e a carne de sertón (carne de porco en salgadura). Preséntase acompañada de arroz e adoita espolvorearse con farofa (fariña de mandioca) e malagueta (salsa picante a base de guindillas).

O custo de cada ración será de 8€ máis 1€ de depósito polo cuenco de barro. Nesta edición haberá por primeira vez a opción de adquirir a feixoada nun tupperware para levar por 9€.

Para amenizar a xornada disporemos do grupo de capoeira Nagô. A música correrá a cargo de Renato Spencer e Café Caxaça.

Comentarios