Receitas para todo o ano en supermercados Gadis

Gadisa editou 40.000 exemplares dun libro de cociña con receitas diferentes para cada día do ano e que regalará aos clientes de Galicia e Castela e León.

O prestixioso escritor gastronómico e produtor de cine Javier Ozores é o autor de 'As receitas de Gadis para 52 semanas e 3 días'.

Gadisa pretende fomentar a alimentación sa e variada entre os seus clientes regalando este libro de de Javier Ozores, quen propón unha coidada selección de receitas diferentes, elaboradas con materias primas de primeira calidade e baseadas nos criterios da alimentación saudable.

Os clientes de Supermercados Gadis recibirán un exemplar desta obra, que conta con encadernación en tapa dura e fotografías en cor, reunindo tickets de compra entre o 3 e o 31 de marzo por valor de 200 euros.

Comentarios