Ribeira Sacra supera xa os 5 millóns de quilos de uva

Ata o día 6 de outubro, a Denominación colleitou un total de 5.081.401 quilos de uva, acadando así as previsións iniciais para este ano. A maior parte da colleita corresponde a mencía, superando os 4.500.000 quilos, seguida pola garnacha tintorera con 295.505 e godello e tempranillo con 144.638 e 40.962, respectivamente.

Desde a posta en marcha da D.O. Ribeira Sacra tan só se superou unha ocasión a recolecta de más de cinco millóns de quilos. Foi en 2005, cando se colleitaron 5.308.843 quilos, unha campaña con 99 adegas.

Na campaña deste ano, a data 6 de outubro, 75 adegas xa terminaron os traballos, 19 están abertas e tan só 1 non abriu.

Comentarios