Sábado inestable, con choivas, tormentas e descenso das temperaturas

Este sábado unha baixa relativa situada no norte da península Ibérica traerá inestabilidade, polo que se espera unha xornada de ceo parcialmente nubrado e con chuvascos puntualmente fortes que poderán ir acompañados de aparello eléctrico e saraiba. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de dirección variable. Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán moderadamente. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 26 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 14 en Lugo e Vigo. 

Comentarios