Sal de champaña e un viño desalcoholizado cardioprotector, en Salimat 2011

O sal de champaña, os xeados ecolóxicos a base de leite de cabra, o viño desalcoholizado cardioprotector ou un preparado de tortilla con grelos son algunhas das 47 innovacións alimentarias que poderán degustarse no salón Salimat 2011, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño en Silleda.

Un total de 29 empresas mostrarán estes produtos de gran orixinalidade no marco de Alinova, o espazo dedicado a estas innovacións alimentarias do 15 Salón de Alimentación do Atlántico que acollerá o recinto Feiral Internacional de Galicia, segundo informa a organización nun comunicado.

Moitas delas son alimentos lácteos, como o Queixo de Tetilla elaborado con leite cru de vaca, xeados de produción ecolóxica a base de leite de cabra ou queixo con trazas de trufa negra; e tamén doces, como a crema de cacao e castañas sen conservantes ou o mel ecolóxico de alta montaña.

A tecnoalimentación estará presente cunha máquina para que o consumidor elabore os seus propios refrescos, con ata 100 variedades; e o sector das bebidas contará cun albariño 100% ecolóxico ou un viño desalcoholizado que protexe o corazón, entre outros novos produtos presentes en Alinova.

Comentarios