Sae á luz un novo portal gastronómico sobre a área de Vigo

O grupo Es. Comunicación Profesional presenta este luns no pazo vigués de San Roque, no marco da celebración do seu quinto aniversario, o seu novo portal www.vigogastronómico.com, Vg.

Vg é a terceira web deste grupo galego e nace dedicado ao mundo da gastronomía, a enoloxía, a comida sa e "todo o relacionado co que ocorra entre fogóns", segundo informa a empresa nun comunicado.

Así, este novo portal aspira a ser unha referencia da cultura gastronómica en Internet da área de Vigo. Un sitio onde coñecer cociñas e todo sobre os ingredientes que cada día forman parte da nosa dieta. Como os outros portais deste grupo de comunicación, vai ter moi presente o ámbito da área metropolitana viguesa. E todo iso en colaboración cos mellores profesionais e coa participación de cada un dos lectores, coas súas suxestións, críticas e comentarios.

Dous centenares de invitados -entre anunciantes, empresarios, políticos, xente do mundo da cultura, do deporte, da gastronomía e da comunicación- terán a ocasión de ver hoxe en directo ao prestixioso ilusionista pontevedrés Pedro Volta. O mago Volta realizará un show preparado para a ocasión con moitas sorpresas e fará referencia aos tres produtos do grupo: www.vigometropolitano.com, www.vigosport.com, e o novo www.vigogastronomico.com.

Comentarios