Ribeiro e Porco Celta?

O sábado 20, entre as seis e as oito da tarde, celebrarase no Hostal dos Reis Católicos unha cata de viños da Denominación de Orixe (D.O.) Ribeiro con embutidos de Porco Celta, organizada por Turismo de Santiago.

Un catador e un experto en derivados da raza de porcino autóctona, que está en proceso de recuperación, explicarán a maridaxe entre ambos os produtos. O prezo desta actividade, que se inclúe dentro do programa 'Santiago repetirás', é de cinco euros e hai 40 prazas dispoñibles.

Á mesma hora, tamén o sábado, os nenos de entre seis e 12 anos poderán participar nun Taller Gastronómico no que se achegarán ao espírito destas datas do Nadal cociñando mazapán. Por unha cota de cinco euros, un máximo de 30 pequenos aprenderán de forma divertida hábitos alimenticios saudables da man de tres monitores especializados.

Dentro do programa 'Santiago repetirás', foi programada para o 17 de xaneiro unha nova cata guiada que estará protagonizada polo D.O. Valdeorras e queixos do D.O. Arzúa-Ulloa e un taller gastronómico para nenos.

Comentarios