Segunda xornada no San Clodio en Leio (Ourense) da Cata Final ''Distincións Gallaecia 09''

Trece catadores se enclaustraron onte e hoxe no Mosteiro de San Clodio no Concello de Leiro (Ourense) para dilucidar as marcas de viño procedentes das 5 Denominacións de Orígen de Galicia merecedoreas das ''Distincións Gallaecia 09''.

Un concurso que alcanzou a súa edición número 10 e que conta desde fai 5 anos co aval do antigo Ministerio de agricultura e pesca (hoxe Medio ambiente, Medio rural e mariño) do Goberno de España ao obter a Certificación do Concurso Oficial.

Os viños que chegan a esta cata final foron seleccionados noutras cinco catas celebradas nas sedes dos cinco Consellos Reguladores de Galicia (monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras). Técnicos de todos estes C. R. (fóra de Rías Baixas que escusou a súa presenza) e nove catadores de Gallaecia tiveron dúas xornadas de cata.

Comentarios