O sol abrirase camiño co avance da xornada

Galicia permanecerá o martes nunha zona de transición entre o anticiclón dos Azores e as borrascas situadas no Atlántico norte, con réxime de ventos de compoñente norte.

Con esta situación, espérase unha xornada de ceos máis cubertos pola mañá e con apertura de grandes claros co avance do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo, de compoñente norte. As temperaturas, pola súa banda, permanecerán sen cambios significativos. 

Por cidades, as máximas oscilarán entre os 23 graos de Vigo e Ourense e os 17 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 9 graos de Ourense e os 12 de Pontevedra e Vigo. 

Comentarios