O sol abrirase paso aos poucos, acompañado dun ascenso das temperaturas

Este martes espérase unha xornada de transición cara ás altas presións, que irán dominando a situación meteorolóxica a partir deste mércores. Así, prevese un día de ceo moi nubrado durante as primeiras horas, con algunhas choivas débiles e ocasionais ao principio. 

A medida que avance o día estas choivas tenderán a desaparecer e iranse abrindo progresivamente claros, segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente. 

O vento soprará frouxo do noroeste, con algún intervalo de moderado pola tarde no litoral. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un ascenso, entre lixeiro e moderado, polo que os valores empezarán a achegarse aos normais desta época do ano, aínda que seguirán por baixo. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 23 graos en Ourense, mentres que as mínimas descenderán ata os 12 graos en Lugo e Santiago. 

Comentarios