O sol abrirase paso entre as nubes ao longo do día

Durante a xornada do martes aumentará a influencia anticiclónica sobre a comunidade galega, de forma que se esperan ceos máis nubrados canto máis ao norte, aínda que haberá unha diminución progresiva das nubes durante a xornada. 

Segundo as predicións de Meteogalicia, as temperaturas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos en xeral, con intervalos moderados no interior, e moderados no litoral oeste. 

As temperaturas poderían chegar a alcanzar os 31 graos en Ourense, mentres que as mínimas situaríanse na orde dos 13 graos previstos para Lugo. 

Comentarios