Sol e altas temperaturas para despedir agosto

O venres Galicia estará baixo a influencia das altas presións, polo que se manterá unha xornada con atmosfera estable, con ceos que permanecerán pouco cubertos ou despexados, con néboas matinais e algunhas nubes ao principio do día no extremo norte. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que anuncia que as temperaturas mínimas quedarán sen cambios, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. 

Desta forma, as máximas chegarán a alcanzar, entre as principais cidades galegas, os 33 graos en Ourense, os 32 en Vigo e os 31 en Pontevedra. As temperaturas mínimas oscilarán entre os 13 graos de Lugo e os 17 de Vigo. 

Os ventos soprarán frouxos de dirección variable pola mañá, con compoñente norte cara á tarde. 

Comentarios