Temperaturas máximas en descenso

A situación atmosférica sobre Galicia continuará este sábado determinada por unha situación de inestabilidade pola entrada do anticiclón en superficie e a presenza de aire frío en altura. 

Así, o ceo estará parcialmente nubrado, con chuvascos tormentosos, máis probables pola tarde no interior, que serán de intensidade localmente forte. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos do nordés no terzo norte, variables na metade sur, con réxime de brisas nas Rías Baixas. 

As temperaturas mínimas non terán cambios moi significativos, pero as máximas descenderán lixeiramente. En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 30 graos de Ourense e os 22 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 15 graos de Ourense e Lugo e os 18 da Coruña e Ferrol. 

Comentarios