Temperaturas mínimas en descenso nun xoves con nubes

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia vive este xoves unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con máis claros na metade leste e máis nubes no oeste. Nesa zona, de feito, pódense rexistrar algunhas precipitacións febles.

As previsións de Meteogalicia anuncian bancos de brétemas matinais localmente persistentes no interior e un descenso das temperaturas mínimas, co que pode haber xeadas.

Así as cousas, nas principais cidades galegas os termómetros caerán ata os tres graos en Lugo e Ourense. As mínimas serán algo máis altas na Coruña e Ferrol (8 graos) e en Pontevedra (7).

Temperaturas nas cidades
Cidade Mínima Máxima
A Coruña 8 14
Ferrol 8 14
Lugo 3 11
Ourense 3 12
Pontevedra 7 13
Santiago 6 13
Vigo 6 14

As máximas, mentres, non experimentarán cambios significativos e moveranse entre os 11 graos de Lugo e os 14 da Coruña, Ferrol e Vigo.

No que respecta ao vento, soprará frouxo de compoñente sur, aínda que a súa intensidade irá aumentando e deixará refachos fortes pola noite no litoral atlántico.