Temporal na costa e intensa choiva no interior

tempo
photo_camera tempo

Galicia sufrirá unha nova fronte durante este martes que deixará, a partir das 14.00 horas, ventos do suroeste con forza 8 a intervalos na costa. 

Ademais, na costa do noroeste e oeste da Coruña, poderán conseguir a forza 9 ocasionalmente, con ondas que poderían alcanzar os 5 ou 6 metros. Por todo iso, a Xunta activou a alerta laranxa en todo o litoral. 

Segundo datos de Meteogalicia, os ceos estarán moi nubrados ou cubertos con precipitacións localmente fortes, sobre todo nas provincias atlánticas. 

En canto ás temperaturas, as mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Así, os termómetros poderán alcanzar os 16 graos na Coruña e Ourense, ou os 15 en Ferrol, Pontevedra e Vigo. 

Comentarios