O 'Toñi Vicente' bota o peche

(Foto de archivo: EPL)
photo_camera (Foto de archivo: EPL)

A súa detención, tras verse implicada na compravenda de vieiras tóxicas, iniciou o pasado mes de setembro para Toñi Vicente un declive que culminou co peche do seu restaurante en Santiago.

A perda de clientes tras este suceso foi aumentando progresivamente polos efectos da crise económica e culminou coa retirada da estrela Michelín na nova edición da guía gastronómica.

O suceso das vieiras tóxicas
Pero a culpa do peche non pode achacarse só á crise. Os clientes de sempre deixaron de frecuentar o local desde mediados de setembro, cando a súa propietaria se viu implicada na rede de compravenda de vieiras tóxicas.

A propia restauradora -que foi detida pola Garda Civil no mesmo momento en que efectuaba a compra- recoñeceu que "en ocasións" adquiría vieiras sen a súa correspondente etiquetaxe, no que por lei debe indicarse a procedencia do produto, a data de envase, o lote ou o rexistro sanitario.

A pesar de todo, indicou naquel momento que os empregados do restaurante lle quitaban o hepatopáncreas -lugar onde se atopan as sustancias tóxicas para o organismo humano- á vieira.

'Guía Michelín'
O restaurante compostelán que leva o mesmo nome que a restauradora perdeu a Estrela Michelín na nova edición dunha guía na que todos queren estar, e que cada ano analiza os restaurantes máis importantes do Estado.

Tamén a perdeu o restaurante coruñés Praia Club, pero mentres este aparecía recomendado igualmente no libro, o de Toñi Vicente desapareceu tras quince anos co galardón.

Comentarios