Touriño comerá o polbo no Carballiño

El presidente de la Xunta degustando el pulpo en las fiestas de la Ascensión, en Compostela (Foto: AGN)
photo_camera El presidente de la Xunta degustando el pulpo en las fiestas de la Ascensión, en Compostela (Foto: AGN)

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidirá o vindeiro domingo a cuadraxésimo sexta edición da Festa do Polbo do Carballiño, que este ano está dedicada a Andalucía, debido á afluencia masiva de persoas procedentes desta comunidade en todas as edicións anteriores.

Entre outras autoridades, Touriño estará acompañado polo vicepresidente primeiro da Junta de Andalucía e conselleiro de Presidencia, Gaspar Zarrías, que acudirá ata a vila do Arenteiro en representación da comunidade andaluza.

O presidente autonómico chegará ao Carballiño pasado o mediodía para presidir o acto institucional na Casa Consistorial e visitar as casetas da feira para, posteriormente, participar na tradicional e multitudinaria comida que terá lugar no parque municipal, onde degustará o polbo "á feira".

Comentarios