Un accidente en Cerceda deixa unha persoa ferida

O suceso tivo lugar ao redor das 03.00 horas da madrugada deste venres

Unha persoa resultou ferida logo de sufrir un accidente co seu vehículo en Cerdeda. Ao redor das 03.00 horas da madrugada deste venres, un alertante informaba ao Ciae dun coche accidentado en Rodís, na Tablilla, no concello coruñés de Cerceda. Aseguraba que había unha persoa pedindo axuda no seu interior.

Foi a partir de aí, cando desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e tamén de Protección Civil da localidade.

Chegados ao momento, os membros do parque comarcal indicaron que non foron necesarios os medios de excarceración para evacuar á persoa ferida.

Comentarios