Un autobús escolar sáese da vía en Coles sen causar feridos

O vehículo transportaba 40 estudantes de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos

Unha saída de vía dun autobús escolar no concello ourensán de Coles saldouse sen persoas feridas, segundo informou a central que coordina a atención ás urxencias en Galicia.

O suceso ocorreu na estrada da Ribela, moi preto da N-525. O vehículo transportaba 40 estudantes desde o colexio Malvedo á cidade de Ourense cando sufriu o accidente. Os mozos teñen idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Ningún deles resultou ferido.

Os efectivos de Protección Civil de Coles alertaron do sinistro ao 112 Galicia ás 14:45 horas deste luns.  O persoal do CAE 112 Galicia explicou a situación á Garda Civil de Tráfico e ao GES do Pereiro de Aguiar.

O autobús quedou encaixado nunha cuneta e foi precisa a intervención dun tractor para retiralo. Os estudantes do colexio foron trasladados ao seu destino en coches particulares. 

Comentarios