Un condutor resulta ferido logo de saírse da vía co seu turismo en Betanzos

O acompañante que viaxaba no mesmo vehículo foi atendido no mesmo punto

Un condutor resultou ferido na madrugada deste luns ao saírse da vía co vehículo que conducía. O acompañante que viaxaba no mesmo vehículo foi atendido no mesmo punto, polo persoal da ambulancia que se desprazou ata o lugar.

Nada máis recibir a chamada de alerta dun particular, sobre as 02.20 horas desta madrugada, o 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, ata o lugar onde ocorreron os feitos achegáronse os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, só o condutor do turismo, necesitou ser trasladado en ambulancia polos técnicos sanitarios.

Comentarios