Un ferido tras unha colisión múltiple en Carballo

O sinistro tivo lugar na Avenida de Fisterra

Unha persoa resultou ferida este luns pola tarde despois dunha colisión entre tres vehículos rexistrada en Carballo.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 16.40 horas para dar a voz de alarma. Segundo detallou, o sinistro tivo lugar na Avenida de Fisterra, preto dun concesionario de coches.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Bergantiños. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios