Un home ferido ao caer desde un tellado en Arzúa

Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia e un helicóptero medicalizado para atender á vítima, que estaba inconsciente tras a caída

Un home resultou ferido na tarde deste martes ao caer do tellado da súa casa en Arzúa, desde unha altura duns catro metros.

Os feitos ocorreron no lugar de Retorno, na parroquia de Branzá. Segundo informou o 112, a vítima perdeu o coñecemento tras a caída. 

Ata o punto do accidente desprazáronse efectivos sanitarios cunha ambulancia e un helicóptero medicalizado. O 112 Galicia tamén alertou a Protección Civil e Garda Civil.

Comentarios